III XORNADA BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS 2016

                                III XORNADA SOBRE BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS 2016


                                                                 #IIIXorBiblioEspe

DOCUMENTACIÓN DA III XORNADA SOBRE BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS:

-presentación das ponentes  AQUÍ

-audios das ponencias  AQUÍ

-fotos da III xornada  AQUÍ

-vídeo resumo da III xornada AQUÍ

-Resumo dos twitts sobre a II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas en Storify  picando AQUÍ

O 3 de xuño de 2016 terá lugar en Ribadavia (Ourense) no Museo Etnolóxico, organizada pola Biblioteca do Museo, a III xornada sobre bibliotecas especializadas este ano co título: "Xestión de documentos singulares".

INSCRICIÓN:
A inscrición é de balde, mais as prazas son limitadas, o prazo para enviar os datos persoais é até o 30 de maio, ou ben cubrindo o impreso que aparece no programa ou ben enviando un correo electrónico a esta dirección: rosa.lamas@xunta.es co nome, apelidos, DNI, dirección postal, nome da institución de traballo (se é o caso), correo electrónico e un número e de contacto.

PROGRAMA E FOLLA DE INSCRICIÓN: picar AQUÍ 

Coleccións e documentos singulares, especiais, distintivos, únicos son a chave do futuro das bibliotecas e en particular das especializadas e de investigación. A facilidade de acceso a obras a través dos catálogos colectivos e compartidos, está dando máis valor a documentos únicos e singulares, que até o de agora estaban invisibilizados e ocultos.

O control técnico por parte dos arquivos, bibliotecas e centros de documentación achega visibilidade e permite acceso a estes documentos, así as coleccións singulares cada vez máis son por un lado obxecto de investigación e por outro lado utilizadas como fontes primarias de información: prensa local, manuscritos, correspondencia, libros raros, inventarios, memorias, cartaces, mapas, recortes de prensa, arquivos persoais, familiares e institucionais, coleccións de imaxes, material efímero: cromos, selos, convites, autocolantes, calendarios, almanaques, programas de fiestas, programas de man. …

Cales son os procesos de xestión que se están aplicando con estes documentos singulares: recollida (doazóns, arquivos persoais, compra…), conservación, documentación, catalogación, clasificación, difusión, acceso; temos conciencia do seu valor patrimonial e da súa riqueza documental?

Resumo dos relatorios e currículo das conferenciantes para descargar:




Resumo dos relatorios:


-A Biblioteca Tomás Navarro Tomás do CSIC. Unha biblioteca especializada ao servizo da investigación en humanidades e ciencias sociais.
 María del Pilar Martínez Olmo - Directora da BibliotecaTomás Navarro Tomás (CCHS-CSIC).

A Biblioteca Tomás Navarro Tomás é unha biblioteca especializada ao servizo da investigación na área de ciencias humanas e sociais, que forma parte da Rede de Bibliotecas e Arquivos do CSIC. Dende o momento da súa creación en 2008, ten por obxectivos a xestión dunha colección híbrida de máis dun millón de exemplares, os servizos a usuarios presenciais e non presenciais e a difusión tanto da colección coma dos servizos. Especial atención dedícase tamén ao arquivo, integrado na BTNT dende 2011.
O obxectivo do relatorio é dar a coñecer a biblioteca como servizo de apoio á comunidade científica e como servizo de difusión cultural á sociedade a través da utilización das ferramentas da web 2.0. Describirase a colección bibliográfica e documental e os servizos con especial atención aos servizos que se ofrecen a usuarios non presenciais que dispoñan dunha conexión a Internet. Incluirase un apartado final ao recoñecemento de Ben de Interese Cultural que recibiu a biblioteca en decembro de 2014 e ofreceranse exemplos dos proxectos máis destacados dos últimos anos como Manuscripta, Catálogo Monumental de España, Arquivo Aranguren, Postais de Palestina, ou o máis recente, de abril de 2016, o portal Cervantes e o CSIC.


 -Documentos efémeros ferroviarios. Papeis e bits na Biblioteca.


Aínda que a categorización documental de ephemera está bastante asentada na bibliografía, é posible que esta tipoloxía documental se clasifique tamén como documentos menores, e mesmo como folletos, literatura gris ou documentos de apoio informativo. As definicións encontradas varían, pero sí sosteñen como común denominador que se trata de material imprimido, aínda que isto xa non é unha característica definitoria, na actualidade, e de cara ao futuro hai que incluír ademais o formato electrónico. Trátase de documentos nos que impera a información gráfica, a imaxe, e que foron creados cun obxectivo informativo moi puntual. Bibliotecas, arquivos e museos, en todos eles podemos encontrar ephemera e en todos, os profesionais teñen a mesma problemática para a súa localización, adquisición, conservación, clasificación e catalogación.

Como en case todas as actividades económicas, o ferrocarril xerou e segue xerando unha inxente cantidade destes documentos que testemuñan actos extraordinarios ou cotiáns, pero puntuais. A través da experiencia que dende o Arquivo Histórico Ferroviario e da Biblioteca Ferroviaria tivemos coas ephemera, faremos unha revisión sobre o estado da cuestión e as súas fontes de investigación. Mostraremos a experiencia que dende as nosas dúas áreas documentais tivemos con este tipo de documentos, as características da nosa colección e as pautas e labores realizados para a súa organización e catalogación e os resultados obtidos con este traballo, demostrando que aínda considerándolos, documentos menores, son unha fonte de información rendible para a nosa institución, para algúns dos produtores dos documentos e para os investigadores do ferrocarril.


-20 anos de arquivos persoais na BNE: balance e perspectivas.
 Mª José Rucio Zamorano – Xefa de Servizo de Manuscritos eIncunables da Biblioteca Nacional de España.

En 1996 a BNE adquire a parte do arquivo persoal de Jorge Guillén denominado polo autor Los Papeles. Dende ese momento a Biblioteca Nacional toma conciencia de que se incorporou á súa colección patrimonial un fondo singular e heteroxéneo, que esixe unha reconsideración da catalogación bibliográfica aplicable a estes conxuntos documentais, definidos como "materiais mixtos" nun intento de enmarcalos nunha tipoloxía propia.
Pasaron 20 anos e é momento de facer balance do traballo realizado e de mirar tamén ao futuro. Un futuro que é xa presente, porque a aparición do correo electrónico, o almacenamento de información persoal en discos duros, a elaboración e publicación das obras en formatos electrónicos forman parte da cotianidade dos nosos autores e, polo tanto, están a modificar o modelo tradicional de arquivo persoal, que obriga á adopción de medidas, que orienten ao autor como produtor deses documentos e ás bibliotecas como conservadoras do patrimonio bibliográfico.


-O “caixón de xastre” da biblioteca: a colección ephemera.
 Mª Isabel Almuiña González – Biblioteca da Deputación deOurense.

A Biblioteca da Deputación de Ourense está constituida na súa maior parte por fondos bibliográficos fruto de doazóns de autores ourensáns, formando as coñecidas Bibliotecas de Autor, e doutra, por un fondo máis actual o que nos referimos como Fondo Propio. Esta situación de convivencia entre varios arquivos persoais, e doutro, o fondo propio da biblioteca, xera que se aglutine unha ampla e variada colección bibliográfica e documental.
Entre esta riqueza documental están os documentos menores, os ephemera, un tipo de documentación que son unha importante fonte de información, de deseño e de publicidade, que suscita dúbidas ou dificultades á hora de cómo organizalos, dado que é unha documentación heteroxénea na temática, nos soportes, nos formatos, etcétera polo que, con facilidade non se lle dea o tratamento adecuado e o valor merecido, e tamén, ás veces, a escasa dedicación que  lle prestamos, co cal pasa a formar  parte do “caixón de xastre” da biblioteca.
Na miña intervención vou expoñer os diferentes documentos ephemera que atopamos nos arquivos persoais e no fondo propio da biblioteca da Deputación e as dificultades que xera a hora da  xestión dos mesmos.


-Os tesouros da Biblioteca Penzol: xoias bibliográficas únicas.
 María Pilar Vilaboi Freire – Técnica auxiliar de bibliotecas do Concello de Vigo. Fundación Penzol Vigo (Pontevedra).


Nesta comunicación pretendo dar a coñecer a figura de Fermín Penzol, e como xurdiu a idea da súa Fundación. Como bibliófilo destacado que era centrareime nalgún dos documentos da súa biblioteca.
Comezarei falando da “caixa forte” onde gardamos manuscritos de Martín Sarmiento e Cuveiro Piñol, o incunable de Paulo Orosio ou preciosas executorias de fidalguía. Despois comentarei aspectos salientables de mapas, cartas náuticas e planos, xa que a sección de cartografía da nosa biblioteca é das máis interesantes de toda Galicia. E rematarei falando dos debuxos do arquitecto Gómez Román e a súa vinculación coa Fundación Penzol.


-A xestión dos documentos ephemera  nas bibliotecas especializadas.
 Ana Barbazán Iglesias – Bibliotecaria do Museo dePontevedra.

A tradicional consideración de "menores", non lle quitou o valor como fonte primaria de información, en ocasións única, a un material denominado "Ephemera", tan valioso para o investigador especializado.
A súa xestión, xa problemática dende que intenta adquirirse, orixinado en primeiro lugar pola súa propia natureza, pois non "pretenden sobrevivir á mensaxe do acontecemento", agrávase á hora do seu almacenamento debido á súa ampla e variada tipoloxía documental, a que require unha conservación específica e unha organización en función do seu contido. Finalmente a súa catalogación e dixitalización.
Un caso específico é o do Museo de Pontevedra: os tipos de adquisicións. As Follas soltas. A súa organización e diferenciación entre ephemera e publicacións menores. A difusión a través de publicacións, exposicións, traballos de investigación..etc.


-Documentos singulares na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña. O caso das publicaciones menores como fonte de información local.
Carmen Romero Rivera - Auxiliar técnica da Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña) e Milagros García Pérez - Técnica da Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña).

As publicacións menores constitúen unha importante fonte de información local que, en moitos casos, se perde por considerar este un documento secundario, difícil de clasificar, conservar e almacenar. Non obstante, a súa importancia é enorme para o coñecemento, evolución e desenvolvemento local, tanto a nivel cultural como económico e social.
Entre estas publicacións hai verdadeiros documentos singuales que ilustran a historia dun lugar. A BMEL aposta pola conservación, difusión, organización e dixitalización destes documenos para asegurar a súa pervivencia.

Sem comentários: