II XORNADA BIBLIOTECAS ESPECIALIZADAS 2013

O 5 de xuño de 2013 terá lugar en Ribadavia (Ourense) no local do Centro Comarcal e organizada pola Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense a II xornada sobre bibliotecas especializadas este ano co título: "Conservación e difusión dos recursos documentais en bibliotecas especializadas".

INSCRICIÓN:
a inscrición é de balde, mais as prazas son limitadas, o prazo para enviar os datos persoais é até o 29 de maio, ou ben cubrindo o impreso que aparece no programa ou ben enviando un correo electrónico a esta dirección: rosa.lamas@xunta.es cos datos persoais, nome da institución de traballo (se é o caso) e un número e de contacto.

PROGRAMA E FOLLA DE INSCRICIÓN: picando AQUÍ
Folleto do programa


A etiqueta para participar e seguir esta xornada por twitter  #XorBiblioEspecializadas

Documentación da II xornada sobre bibliotecas especializadas:

-Resumo dos twitts sobre a II Xornada sobre Bibliotecas Especializadas en Storify  picando AQUÍ

-presentacións das ponentes AQUÍ 

-audios das ponencias AQUÍ 

-fotos da xornada AQUÍ 

-vídeo resumo da xornada AQUÍ 




 

Resumo das palestras:



Inicitivas dixitais da Biblioteca de Catalunya: difundindo e preservando o patrimonio cultural. Paquita Navarro - Biblioteca deCatalunya

 A Biblioteca deCatalunya inicia os seus proxectos de dixitalización no ano 2000 coa firma dun convenio de colaboración coa Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Aínda que é a BVMC a que se responsabiliza da digitalización, tanto a nivel de persoal como de equipos e decisións técnicas, o proxecto permite á Biblioteca obter certa práctica e experiencia neste tipo de proxectos.

   O impulso á dixitalización por parte da dirección da BC, tanto para preservar os fondos patrimoniais como para difundilos libremente a través da internet,queda reflectido claramente no Plan estratéxico da Biblioteca de Catalunya, 2004-2008 e nos sucesivos.

   Como resultado deste impulso destínanse importantes recursos económicos á dixitalización de material patrimonial. Manuscritos, fondos fotográficos, revistas antigas, mapas, incunables, arquivos sonoros... son seleccionados polos directores das diferentes Unidades atendendo a criterios establecidos e son dixitalizados segundo os estándares que marcan as tendencias internacionais.

   No ano 2006 iníciase a publicación dos documentos no repositorio cooperativo Memòria Digital de Catalunya, impulsado e coordinado pola Biblioteca de Catalunya e o Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya. Ao longo destes anos o número de coleccións propias da BC vaise incrementando ata chegar ás 18 actuais. Os documentos publicados son tamén accesibles a través de Europeana desde o ano 2008.

Proxecto paralelo á MDC é o portal ARCA (Arquivo deRevistas CatalásAntigas), portal cooperativo que impulsa a recuperación de publicacións periódicas representativas da cultura catalá para ofrecer ao usuario a posibilidade da súa consulta de forma íntegra.

   No ano 2007 a Biblioteca de Catalunya xunto a diversas bibliotecas patrimoniais catalás firma un convenio con Google que permitiu a dixitalización e difusión de máis de 60.000 documentos impresos da BC a través de Google-Libros.

   Doutra banda, a preservación dixital, sexa de documentos nados dixitais, arquivos procedentes da dixitalización de documentos analóxicos ou arquivos de webs, é outro dos obxectivos que persegue a Biblioteca de Catalunya. PADICAT (Patrimonio Digital de Catalunya) e COFRE(Conservemos para oFuturo Recursos Electrónicos) son os dous sistemas actualmente en funcionamento que nos permiten asegurar a pervivencia da enorme cantidade de ficheiros dixitais dispoñibles.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Aceso directo power conferencia: AQUÍ



 Conservar para difundir: proxectos de dixitalización na Biblioteca do Museo do Romanticismo. Paloma Dorado - Técnico de bibliotecas no Museo do Romanticismo (Madrid) 


O Ministerio de Educación Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, puxo en marcha unha serie de iniciativas no ámbito da diXitalización cuxo obxectivo é non só asegurar a preservación do patrimonio bibliográfico senón, ademais, garantir a accesibilidad do devandito patrimonio á totalidade de cidadáns e dotalo da máxima visibilidad en Internet. Entre esas iniciativas atópase a BibliotecaVirtual de Prensa Histórica  e a Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico ,que alberga desde maio de 2010 o micro sitio Bibliotecas de Museos .

   Esta biblioteca virtual, como reza na súa propia presentación, ofrece acceso a libros e documentos dixitalizados pertencentes a museos de titularidade estatal e de xestión directa do Ministerio a través da Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas. Entre os diferentes tipos de documentos pódense atopar auténticos tesouros bibliográficos que destacan pola súa antigüidade, rareza e interese para o estudo da museoloxía, a historia da arte, a arqueoloxía, a antropoloxía ou as artes decorativas, entre outras disciplinas. Inclúe, ata a data, os fondos bibliográficos de nove Bibliotecas de Museos Estatais (Altamira, América, Arte Romana, Artes Decorativas, Greco, Teatro, Traxe, Sefardí e Romanticismo).

Así mesmo, entre as iniciativas da Dirección Xeral de Belas Artes relacionadas coas coleccións dixitales españolas atópase Hispana . Este directorio e recolector compóñeno case 200 arquivos, bibliotecas e museos e contén ao redor a 4.5 millóns de obxectos dixitais conformes á Iniciativa de Arquivos Abertos que promove a Unión Europea. Cumpre funcións análogas ás de Europeana, é dicir, constitúe un agregador de contidos de coleccións dixitais dos repositorios españois e pola cantidade de datos aportados, ocupa o cuarto lugar de proveedores de Europeana.

   A Asociación de Amigos do Museo do Romántico, co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e das axudas promovidas por este, iniciou a creación e trasformación de recursos dixitais e a súa difusión e preservación mediante repositorios dos fondos bibliográficos da biblioteca do Museo. Con iso pretende contribuír á accesibilidade e difusión das coleccións e así poñer a disposición dos usuarios a través de Bibliotecas de Museos as obras máis representativas das distintas temáticas que compoñen a súa colección.

   Ata a data houbo 4 fases de dixitalizacións. Na primeira (2008) dixitalizáronse os "tesouros bibliográficos" os cales non respondían a unha unidade temática senón que se seleccionaron aqueles ítems que eran únicos, primeiras edicións ou aqueles de gran valor especializados no Romanticismo. Na segunda e terceira fase (2009-2010) seleccionouse unha mostra representativa de libros de viaxes. Na última (2011) dixitalizouse unha selección de publicacións sobre Historia natural e da Comisaría Regia de Turismo.
   Unha vez que se teñen claras as razóns para dixitalizar (conservación e difusión fundamentalmente) o paso seguinte é a elaboración dun plan de dixitalización que aclare e facilite todo o proceso de maneira que as coleccións, e xa que logo, as bibliotecas de museos, sexan máis visibles.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ 

 Galiciana: cara a un repositorio global. Helena Verdía Armada e Noelia Bascuas Ferreiro - Biblioteca de Galicia

   Galiciana é o resultado do esforzo levado a cabo desde a Xunta de Galicia en materia de dixitalización para asegurar a conservación e accesibilidade do Patrimonio Bibliográfico Galego.

   Desde 1997, ano en que teñen lugar os primeiros proxectos ata a actualidade, a tecnoloxía e as normativas de aplicación no campo da catalogación, a diXitalización e a preservación diXital evolucionaron significativamente.

   A través de Galiciana, a Biblioteca de Galicia tratou de ir adaptándose a todos estes novos estándares e funcionalidades. Na presente comunicación trataremos de explicar como foi este proceso de adaptación, que nos levou a estar presente en Hispana e Europeana, e cales son os retos de futuro aos que nos enfrontamos.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ

Reducir, reciclar, reutilizar: as tres erres aplicadas aos contidos sonoros. Emilio Ruiz Trueba - Biblioteca y Documentación, Comunicación do Museo Etnográfico de Castilla y León (Zamora)

   Reducir, reutilizar e reciclar conforman as famosas "tres erres" da ecoloxía. E é esta regra ecolóxica a que aplicamos no proceso de dixitalización de documentos sonoros conservados na fonoteca do Museo Etnográfico de Castela e León:

   Reducimos o uso dos soportes orixinais de almacenamento favorecendo a súa conservación á vez que reducimos tamén o espazo que ocupan en estantes de libre acceso na fonoteca.

   Reutilizamos o seu contido, que ao estar almacenados en soportes xa obsoletos practicamente quedaron no esquecemento e sen uso, dotándoos dunha segunda vida.

   Reciclamos a información almacenada, volvendo A introducila nun ciclo de vida acorde á actualidade con novos formatos e novos medios de difusión.

   O noso podcast "Mundologías, o museo sonoro" é o resultado natural de todo este proceso.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ

A experiencia da Biblioteca Marioneta: un proxecto de Viravolta Títeres. Julio Balado – Biblioteca do Museo Galego da Marioneta (Lalín-Pontevedra)

   Utilizando Recursos de fácil acceso cun presuposto mínimo, como smartfones, cámaras fotográficas ou escáneres caseiros a Biblioteca Marioneta (Biblioteca do Museo Galego da Marioneta) tenta contribuír á difusión de materiais documentais da arte dos títeres, centrándose fundamentalmente en folletos, catálogos e carteis

   Estes materiais almacénanse en espazos propios e espazos gratuítos que ofrece internet e procúrase a difusión a  través do propio catálogo e das redes sociais.

   A Biblioteca Marioneta é un dos proxectos nos que participa Viravolta Títeres  co obxectivo da difusión do Teatro de Títeres en todas as súas facetas.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ


Bibliosaúde: a difusión a través da innovación. Carmen Rodríguez Otero – Documentalista de Bibliosaúde

   Bibliosaúde é a biblioteca virtual do sistema público de saúde de Galicia. Esta iniciativa xorde en 2008 co obxectivo de garantir o acceso dos profesionais do sistema sanitario a unha serie de servizos e recursos de información científica e deste modo apoiar a actividade asistencial, docente e investigadora. O proxecto foi desenvolvido polo grupo técnico Bibliosaúde, formado polos responsables de todas as bibliotecas do sistema sanitario público.

   A biblioteca virtual supón un cambio nos procesos e fluxos de traballo dos profesionais das bibliotecas, unha xestión presupostaria máis eficiente e unha maior difusión dos servizos e recursos de información.

Que nos depara o futuro?

   Consolidación de proxectos: control de calidade do sistema integrado de xestión bibliotecaria, colaboración con Dialnet, análise da produción científica da institución, actualización da páxina web, carta de servizos e posta en marcha do repositorio institucional.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ

Proxectos dixtais da Biblioteca da Fundación Barrié. Diego Rodríguez González – Responsable da Biblioteca da Fundación Barrié (A Coruña)

   A biblioteca da Fundación Barrié coordina unha serie de proxectos, orixinados na convocatoria de proxectos de patrimonio ou na propia iniciativa da Fundación, tratando de pasar dun modelo de financiamento e patrocinio a outro de participación activa e de colaboración institucional.

   Nesta presentación darase unha visión destes proxectos con especial dedicación á colaboración coa Real Academia Galega: un proxecto que se pode ver como unha biblioteca dixital en torno a un so libro: o dicionario da Academia. Ao mesmo tempo quérese facer unha reflexión sobre o papel da biblioteca e dos bibliotecarios e os valores que podemos aportar, desde a nosa profesión, á sempre cambiante sociedade dixital.
Acceso directo audio conferencia: AQUÍ
Acceso directo power conferencia: AQUÍ

Sem comentários: