segunda-feira, 21 de dezembro de 2015

O proceso de electrificación do noroeste ourensán


Sobrado Pérez, Xosé Luis ; Fumega Piñeiro, Francisco Xosé: O proceso de electrificación do noroeste ourensán. Ourense, Deputación Provincial, 2015


Xosé Luis Sobrado e Francisco Xosé Fumega, historiadores e membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas do Carballiño, documentan e analizan como o noroeste da provincia de Ourense foi pioneiro en Galicia en contar coa electricidade como sistema de enerxía.Este desenvolvemento vai unido o alumeado público das vilas e aldeas, sendo a vila do Carballiño unha das primeiras aló por 1892.

O sumario do libro pódese consultar AQUÍ






Xosé Luis Sobrado Pérez é cofundador  e membro do Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño e do Grupo Histórico Arqueolóxico Larouco. 
Ten estudado e investigado sobre a microhisotoria de varias parroquias da Comarca do Carballiño.
Autor de numeroros artigos de investigación histórica e asesor de contidos do futuro Museo do Viño de Galicia. Xunto con Francisco Xosé Fumega vén traballando en proxectos sobre o patrimonio industrial e fluvial.



A obra pretende dar a coñecer os proxectos que fixeron posible a chegada, a difusión e a universalización da electricidade na zona noroccidental da actual provincia de Ourense, entendendo como tal os nove concellos que conforman a comarca do Carballiño pero, tamén, os de  Amoeiro e Cenlle e as zonas limítrofes dos concellos da Lama, Forcarei e Dozón xa en terras pontevedresas. Unha longa viaxe no tempo que comeza a finais do século XIX coa chegada da electricidade á vila do Carballiño, concretamente no ano 1896 -tan só tres meses despois da inauguración do alumeado na capital da provincia- chegando ata 1970 cando a luz eléctrica chega, por  fin,  ó último núcleo habitado e, ó tempo, que se remata a construción do encoro de Albarellos. Ó longo deses anos vemos como calquera regato ou calquera río é bo para a instalar maquinaria que produza electricidade.

A traveso deste percorrido atopamos moitas experiencias relacionadas coa implantación de electricidade: dende o modelo de corte empresarial ata outros de tipo comunitario ou de compañías mineiras foráneas con intereses na zona que precisan desta enerxía para mover as súas máquinas. No primeiro dos modelos, subliñar a existencia de empresas de corte familiar que, co paso do tempo, van evoluíndo ata chegar a ter unha dimensión importante -caso da CHEDA-; nos de tipo comunitario vemos como os veciños dalgunhas parroquias son quen de instalar pequenas centrais que eles pagan e manteñen e, finalmente, o caso dos primeiros destinos industriais desta innovadora tecnoloxía de mans de compañías inglesas ou francesas que explotan as minas desta zona. No medio destas, a curiosa que os frades de Oseira montan ó pé do mosteiro para iluminar o cenobio e, de paso, vender algún quilovatio.

Nas súas páxinas, tamén atopamos as limitacións tecnolóxicas e, en moitos casos, a falla de materiais para a construción de centrais e para instalación de tendidos, sendo abraiante a dependencia tecnolóxica do estranxeiro, tal e como se desprende da análise que de cada unha das centrais se fai ó longo do libro.

Dende a perspectiva humana, resultou ser unha auténtica odisea, sobre todo e como acabamos de dicir, pola carencia de recursos e polos duros anos vividos na posguerra. Pero tamén foi un trunfo deses homes emprendedores e arriscados que un día decidiron botarlle valor á vida a apostar por esta nova tecnoloxía. Lembrar ós empresarios Laforet, Gulías ou Barbeito pero sen esquecer a aqueles outros que, dende a súa modestia, foron quen de facer que as súas lámpadas viran luz ou colaborar coa súa prestación propia nos traballos dos tendidos.

O libro contén, finalmente, unhas testemuñas de xentes que viviron de cerca esta apaixonante experiencia e contan o que para eles supuxo este innovador sistema de alumeado, así como os que en persoa participaron activamente no proceso (instaladores, obreiros, etc.).

Xosé Luis Sobrado Pérez

Moitas grazas a Xosé Luis Sobrado pola súa colaboración.

Bibliografía de Xosé Luis Sobrado Pérez

LIBROS:


-Xuvencos: historia e tradición. Boborás: Concello, 1996.
-Astureses: un paseo pola historia. O Carballiño, 2001.
-Albarellos: historias de viño e auga. [Ourense]: Asociación Cultural e Recreativa de Albarellos, 2001.
-O Couto e parroquia de Partovia. Evolución dunha parroquia de dominio monástico (1100-1930). [Partovia] : Asociación de Veciños, 2005.
-As fábricas de papel na comarca do Carballiño. Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2010. Coautoría Francisco Xosé Fumega Piñeriro.
-Madarnás. Camiñando na historia. Madarnás,Ourense: Asociación de Veciños de Madarnás, Deputación Provincial, 2013. En coautoría con Francisco Fumega, Jorge Lamas e Juan José Álvarez


CAPÍTULOS E PARTES DE LIBROS:


-"Trá-los pasos de Chamoso Lamas", en : Ourense no obxectivo de Chamoso Lamas. Ourense: Deputación Provincial, 1997, pp. 85-86.
-"O papel do home na destrución do Patrimonio: o caso das terras do Carballiño", en: Actas do I Congreso do Home e o Medio. Ourense: Deputación Provincial, 2000, pp. 141-149.
-"A Danza de Xuvencos", en: Danzas gremiais e procesionais da provincia de Ourense Vol. II. Ourense: Deputación Provincial , 1999-2000.
-"As Ordes militares nas Terras do Carballiño: impronta histórica e legado patrimonial", en: Actas do II Congreso do Home e o Medio. Anexo Argentarium 2, 2002, pax. 21-24.   
-"Dende O Carballiño con amor e morriña", en: Castro Floxo: 25 anos de arte, cultura e tradicións populares. Vigo: Caixanova, 2002, pp. 17-18.
-"O Orcellón", en: “Libro Presentación do Grupo Vila de Orcellón”. O Carballiño, 2002. 
-"Os muíños de auga do río Arenteiro: evolución histórica dende a Idade Media ata os nosos días". (Coautoría), en : Homenaxe á Profesora Lola F. Ferro. Vigo: Universidade de Vigo, 2005.
-"A Granxa do Mato: as claves dunha paisaxe (1170-1500)", en: Actas do III Congreso sobre o Císter en Galicia e Portugal. Ourense, 2006, pp. 149-164.
-"A miña Limia", en: Limiaxinacións: evocacións da terra do Lethes. Cadernos Culturais do Limia, nº 10, 2009, pax. 188-191. 
-"O século do desenvolvemento", en : O Carballiño 1869-1979, Album fotográfico da Vila do Arenteiro”. Ourense: Deputación Provincial, 2010, pp. 35-37.
-"O viñedo de Oseira na Idade Media: localización e explotación (1200-1450)", en: Actas do IV Congreso do Cister em Portugal e na Galiza. Braga - Ourense, 2010.
-"Influxo monástico e viñedo nunha parroquia paradigmática no Ribeiro: Gomariz", en : Actas do VI Congreso do Home e o Medio. O Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2010 
-"A Castella galega na Idade Media" en: Actas do VII Congreso do Home e o Medio: Os estudos comarcais como elemento de valorización local. O Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas, 2010. 

ARTIGOS:


-"Excavaciones Arqueológicas en Ouvigo-Blancos (Ourense)". Noticiario Arqueológico Hispánico. Tomo 24, 1985, pp. 263-388. Coord. A. Rodríguez Colmenero. 
-"Romanización na área do Carballiño". Boletín F. San Cibrao, nº 1. 
-"Presente e futuro da arqueoloxía nas terras do Carballiño". Boletín F. San Cibrao, 1989.
-"Unha pequena viaxe polos vellos camiños das terras do Carballiño". Boletín F. San Cibrao, 1996
-"A destrución do Patrimonio na Comarca do Carballiño". Larouco, nº 2, 1996.
-"O noso Patrimonio: non aprendemos nada". Boletín F. San Cibrao, 1997.
-"Cen anos de luz eléctrica nas terras do Carballiño". Boletín F. San Cibrao, 1998.
-"O Románico nas Terras do Carballiño: reflexións para despois dunha exposición". Boletín F. San Cibrán, 1999.
-"Limiar a xeito de presentación". Revista Argentarium, nº 1, 1999, pax. 7-8.
-"Juan José Docampo Nóvoa. O arquivo do Concello do Carballiño". Argentarium, nº 1, 1999, pax.165-166.
-"¿Museo ou museos para O Carballiño?". Boletín F. San Cibrao, 2000.  
-"Un novo século, o Patrimonio e unha vella problemática". Boletín F. San Cibrao, 2001. 
-"As feiras de mediados do XIX". Boletín F. San Cibrao, 2002. 
-"O Medievo no Ribeiro: unha historia de viño". Ourense Siglo XXI, nº 3, 2004.
-"O Tombo Antigo do Priorado de Gomariz de 1600: unha achega á presenza do mosteiro de Sobrado nas terras do NW da actual provincia de Ourense". Argentarium, nº 4, 2005, pp.
-"Oseira e os seus dominios en Partovia". Ourense Siglo XXI, Nº 7, 2005.  
-"Os Balnearios do Carballiño, os resultados dun despropósito histórico". Ourense Siglo XXI, nº 9, 2006. 
-"Dª Inés de Sanabria, derradeira abadesa de Lobás". Boletín F. San Cibrao, 2006.
-"Un baixorrelevo castrexo en Anllo-San Amaro-Ourense". Coautoría con Rafael Tobío. Larouco, nº 4, 2007.
-"50 anos de Ferrocarril no Carballiño". L. F. San Cibrao, 2008. 
-"Os dominios do mosteiro de Montederramo nas terras da Limia na Idade Media". Revista Lethes, nº 9, 2007-2008, pp. 52-61. 
-"Un modelo da actividade agraria no medievo nunha parroquia do Ribeiro: o caso de Gomariz". O Ribadaviense na Istoria, nº 12, 2008, pax. 6-9. 
-"O Medievo no Ribeiro". Ourense Século XXI, nº 16, 2008, pp. 40-42.   
-"Chamoso e Ourense: unha relación humana e profesional". Revista Raigame, nº 30, 2009, pp. 6-11.
-"A parroquia: evolución e perspectivas en tempos de crise". A Voz das Parroquias do Carballiño, nº 12 , 2009. 
-"O balneario das Caldas de Partovia: El Portus Vitae". Ourense Século XXI, nº 19, 2010, pp. 114-115.
-"O Ribeiro na obra de Olga Gallego". A Fundación, nº 19, 2010, pp. 7-8.
-"Unha pequena andaina polas terras de Boborás". Revista Ágora de Orcellón, nº 19, 2010.
-"O Carballiño (1900-1970). O século do desenvolvemento". Auria, nº 162, 2010. 
-"Crónica do simposio «30 años de excavación arqueológica en Aquis Querquennis, Bande (Ourense)". Revista Larouco nº 5, 2010. 
-"Tomar as augas no século XIX". L. F. San Cibrao, 2010.
-"Relixiosidade e historia: algúns apuntes sobre o nacemento da parroquia do Carballiño". Revista Lignum Crucis, 01, 2011.
-"As parroquias carballiñesas do Orcellón a mediados do século XVIII". A Voz das Parroquias do Carballiño, nº 15, 2012. En coautoría con Francisco Fumega.
-"Crónica do Carballiño. Ano 1913". L. F. San Cibrao, setembro 2013. 
-"Breve aproximación histórica aos muíños do Arenteiro". Voz das Parroquias do Carballiño, n16, decembro 2013. En coautoría con Francisco Fumega. 
-"Ramón Laforet Cividanes. Unha aposta pola electrificación do Carballiño". L. F. San Cibrao, setembro 2014. 
-"Avissos y advertencias...: un documento para entender o rigoroso control monástico nas vendimas do Ribeiro". Diversarum Rerum nº 10, 2015, pax. 229-236.  
-"Tomás María Mosquera y García". Argentarium, nº 6, 2015. 


OUTROS:

-Estudio socio-económico de Carballiño y su área de influencia. Caja Madrid, 1995. 
-O Carballiño: montaña e ribeira. Carballiño: Concello, Federación Galega de Atletismo, 1998.
-Breves apuntes de historia local de la Comarca de O Carballiño. 80º Aniversario do Centro P. Carballiño en Buenos Aires - Argentina. Buenos Aires, 1998.
-As granxas e adegas monásticas: as testemuñas da explotación do viñedo no Ribeiro polos estamentos eclesiásticos. Pretextos e Textos nº 4, 2004. 
-A Encomenda de Pazos de Arenteiro. Cadernos de Ribadavia, nº 13, serie 1, 2012.




Sem comentários: