terça-feira, 10 de junho de 2014

A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970)

Cid Galante, Rosa María: A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970). Vigo: Universidade de Vigo, 2013


O libro da Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970) é un estudo sobre a creación e traxectoria da Institución encargada da formación das mestras ourensás. Faise un seguimento dende a súa orixe ata o segundo terzo de século XX salientando os lugares nos que estivo asentada a Normal dende o ExConvento de Santo Domingo, pasando polo Hospital de San Roque, Instituto Provincial ata un edificio ad hoc que sería a denominada Vella Normal para, definitivamente, pasar á Cidade Escolar da que se ofrece no libro información inédita sobre o arquitecto e deseño da mesma. 

O Sumario do libro pódese consultar AQUÍ



 Rosa María Cid Galante, natural de Ourense (1966), é Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago (1992) e Doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, título acadado pola Tese de doutoramento “Muller e Educación en Ourense (1900-1930) dirixida por Camen Benso Calvo, investigación á que se lle outorgou o Premio Extraordinario 2006. Ademais é Diplomada en Educación Xeral Básica (1987) e Licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo (2009). Actualmente é Profesora Titular do Departamento de Xeografía e Historia no IES Universidade Laboral de Ourense e Profesora Asociada da Universidade de Vigo. Administradora do blogue Historia das nosas mulleres ourensás

 

O libro da Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970) é un estudo sobre a creación e traxectoria da Institución encargada da formación das mestras ourensás. Faise un seguimento dende a súa orixe ata o segundo terzo de século XX salientando os lugares nos que estivo asentada a Normal dende o ExConvento de Santo Domingo, pasando polo Hospital de San Roque, Instituto Provincial ata un edificio ad hoc que sería a denominada Vella Normal para, definitivamente, pasar á Cidade Escolar da que se ofrece no libro información inédita sobre o arquitecto e deseño da mesma. Tamén se lle dedica un capítulo ás insricións de matrícula nos estudos de maxisterio ourensá facendo unha comparativa co resto de Galicia. Os anexos presentan interesantes documentos de referencia das primeiras mestras rexistradas nos estudos, así como documentos sobre os trámites de instalación da Normal.
Non podemos deixar de salientar as lembranzas que tiñan as mestras da Normal do Progreso de Ourense así como dos seus profesores e profesoras dos que se fai unha reseña da súa traxectoria vital e formativa.

Rosa María Cid Galante


Bibliografía de Rosa María Cid Galante: 



LIBROS:

-Entre a tradición e o cambio en Galicia. As mulleres na sociedade ourensá de comezo de século XX. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 2011.

CAPÍTULOS DE LIBROS:  

-“As conquistas femininas na Galicia do primeiro terzo do século XX”, en: As mulleres en Galicia do século XX (coords. Julio Prada e Jesús de Juana). Vigo: Ir Indo, 2011.

ARTIGOS:

-"A realidade social e vivencial da muller ourensá a comenzos de século (1900-1939)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 9, 2001, pp. 97-114.
-"As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930) (I)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 11, 2003, pp. 139-155.
-“A incorporación nos estudios secundarios e universitarios das mulleres do Partido Xudicial de Xinzo. 1900-1930”. Revista Lethes. Cadernos Culturais do Limia, nº 5, 2003, pp. 46-67.
-"A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX". Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 8, 2004, pp. 43-77. (coautora con Carmen Benso Calvo)

-"As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 12, 2004, pp. 73-102. 
-"A participación das mulleres ourensás no ensino secundario (1900-1930)"Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 10, 2006, pp. 147-185. (coautora con Carmen Benso Calvo)
-"Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos, políticos e reivindicativos (1920-1936)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 14, 2006, pp. 57-72. 
-"A percepción dos docentes do ensino primario ourensán a comenzos do século XX: un profesorado en entredito"Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 11, 2007, pp. 37-57.
-"Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)". Historia de la educación. Revista interuniversitaria, nº 26, 2007, pp. 437-470. (coautora con Carmen Benso Calvo)
-"As orixes da escola normal de mestras de Ourense". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 15, 2007, pp. 33-47. 
-"As escolas de "Ave-María" en Ourense: entre a innovación didáctica e o confesionalismo ideolóxico". Sarmiento: Anuario galego de historia da educación, nº 16, 2012, pp. 121-142.

Moitas grazas a Rosa María Cid Galante pola súa colaboración

Sem comentários: