quarta-feira, 9 de abril de 2014

Cines de Galicia

Cabo, José Luis; Sánchez García, Jesús Ángel (eds.): Cines de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié, 2013

O libro Cines de Galicia responde ao obxectivo de abordar a análise de toda a arquitectura cinematográfica galega no seu desenvolvemento e contexto histórico, así reúne as achegas de diversos especialistas, abranguendo ramas de coñecemento como a historia, a historia da arte, a historia do cine e a música ou a arquitectura.
Presenta un primeiro inventario dos cines que existiron en Galicia. Reúne 848 fichas de cines, tomando como fontes as informacións de arquivos repartidos por toda a xeografía galega, pero tamén os traballos de campo de José Luis Cabo, e os estudos locais publicados ata a data.

Índice do libro e primeiras páxinas AQUÍ
Máis información sobre o libro e o inventario AQUÍ



Jesús Ángel Sánchez García é Licenciado en Xeografía e Historia (1990) e Doutor en Historia da Arte (1995) pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular de Historia da Arte no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago, desde o ano 1998. Acreditado ao Corpo de Catedráticos de Universidade en abril de 2013. As súas liña de investigación son: historia da arquitectura, tipoloxías arquitectónicas , arquitectura e urbanismo de Galicia en época contemporánea,  historia do xardín , conservación do patrimonio . Entre outros moitos participou nos  proxectos e convenios de investigación:  “La visión del artista. Ciudad y arquitectura en Galicia desde la Edad Media hasta la irrupción de la fotografía”, “Inventario y selección de salas cinematográficas. Plan Nacional de Patrimonio del siglo XX”.
Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ.

Cines de Galicia condensa a historia dos vacilantes comezos, o brillante esplendor e a acelerada decadencia e desaparición destas arquitecturas para os sonos do celuloide en Galicia. Dende que os irmáns Lumière comezaron a accionar, alá polo ano 1895, o primeiro aparato cinematográfico, as primeiras exhibicións de películas realizáronse tomando en préstamo locais xa existentes, como os teatros e circos que en Galicia se dedicaban aos espectáculos máis populares. O ano 1908 marcou, para toda Europa, unha data decisiva cara á consolidación das primeiras salas cinematográficas estables, que en Galicia se corresponde precisamente co inicio da andaina do emblemático Salón París da Coruña (1908-1999).

Durante as décadas dos anos dez e vinte os recintos para o cinematógrafo foron estendendo a súa presenza polas principais cidades, á vez que se elaboraban uns primeiros códigos arquitectónicos para converter as salas nun reclamo e un rostro recoñecible para o público. En Galicia foi aínda o período dos pavillóns modernistas, como o Pavillón Liño da Coruña (1905-1913), o New England de Ferrol (1906-1914), ou o Ideal Cinema de Vigo (1914-1930).

A nova presenza e protagonismo urbanos aínda se intensificou a partir da expansión do cine sonoro, que en Galicia veu a coincidir cos cines construídos durante os anos trinta, incorporando ademais as novas formas da arquitectura déco e racionalista -Savoy (1931) da Coruña, Coliseum (1932) de Pontevedra, Fantasio (1933) de Vilagarcía, Callao (1935) de Ferrol, Capitol (1935) de Santiago.

A arquitectura dos cines construídos na posguerra caracterizouse pola convivencia entre as derivacións daquelas solucións modernas do déco e o racionalismo, porén algúns proxectos orientáronse cara á recuperación de elementos de arquitectura vernácula e rexionalista, como os cines deseñados por Luis Gutiérrez Soto ou Manuel Gómez Román -Fraga (1948) de Vigo. Foi durante os anos 40 a 60 do S. XX cando os cines construídos en Galicia alcanzaron a súa máxima implantación territorial, do total de 848 cines documentados en Galicia, máis da metade, 448, foron construídos entre os anos 40 a 60, ata o comezo da crise en 1965.

Esta dominante presenza das salas de cine comezou a declinar a partir de 1965, primeiro pola competencia da televisión e o video, e finalmente polos máis recentes cambios no desfrute do ocio e as novas estratexias de exhibición.

Todas estas arquitecturas, que no seu momento se situaron entre as máis vangardistas e modernas das nosas cidades, recompílanse nun inventario final cos datos básicos de 848 cines que existiron en Galicia.

Con este libro faise unha achega decisiva para cubrir un gran baleiro no que ao coñecemento do noso patrimonio construído se refire, posto que, dentro da arquitectura do século XX, o dos cines foi un dos capítulos máis lentamente recoñecidos, e por iso menos valorado e protexido. Como tantas veces aconteceu coa conservación dos bens culturais, a tardía apreciación deste patrimonio só deu os seus primeiros pasos cando xa era inevitable a súa decadencia, cos irremediables danos e perdas acontecidas nas últimas décadas.

Jesús Ángel Sánchez García

Bibliografía de Jesús Ángel Sánchez García


LIBROS:

-La arquitectura teatral en Santiago de Compostela (1768-1946). Sada-A Coruña: Edicións do Castro, 1993.
-La Arquitectura Teatral en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Serie Catalogación Arqueológica y Artística de Galicia, 1996 (2ª edición diciembre 1997).
-Faustino Domínguez Domínguez y la arquitectura gallega del siglo XIX. A Coruña: Diputación Provincial, 1997.
-Teatro Colón. Memoria y futuro de un espacio de ilusión. A Coruña: Diputación Provincial, 1999.
-Mariñán. Pazo de los Sentidos. A Coruña: Diputación Provincial, 1999 (2ª edición diciembre 2002).
-Torres do Allo. Arquitectura e historia del primer pazo gallego. A Coruña: Diputación Provincial,  2001.
-Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo. Galicia en los siglos XVI y XVII (Alfredo Vigo Trasancos, Director; Jesús A. Sánchez García y Miguel Taín Guzmán Coordinadores). Santiago de Compostela: Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, 2003.
-Faros de Galicia. Historia y construcción de las señales luminosas en un Finisterre atlántico. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2004.
-Xardíns das Mariñas. A Coruña: Fundación Juana de Vega - Terra das Mariñas, 2008.
-El jardín de los pazos. Ensayo histórico. Madrid: Biblioteca Nueva, 2010.

CAPÍTULOS DE LIBROS:

-"El Patrimonio Arquitectónico. De la Reforma de Montero Ríos al Estatuto de Autonomía", en El Patrimonio Histórico de la Universidad de Santiago de Compostela. Vol. I. Estudios (Vila Jato, M.D. Coord.). Parlamento de Galicia-Universidade de Santiago, 1996, pp. 56-79.
-La Ilustración y los cambios de un espacio urbano. La zona de La Marina-Puerta Real en A Coruña (siglos XVIII y XIX)”, en Estudios sobre Patrimonio Artístico. Homenaje del departamento de historia del Arte y de la Facultad de Geografía e Historia de la Universidad de Santiago a la Profa. Mª del Socorro Ortega Romero (López Vázquez, J.M. y Barral Rivadulla, Mª D. Coords.), Universidade de Santiago de Compostela, 2002, pp. 443-507.
-“El jardín de una élite. Los Bermúdez de Castro y el pazo de Montecelo en los siglos XVIII y XIX”, en Universitas. Homenaje a Antonio Eiras Roel (Fernández Cortizo, C., González Lopo, D. y Martínez Rodríguez, E., eds.), Universidad de Santiago de Compostela, 2002, pp. 113-135.
-“Una señorial y melancólica escena. El romanticismo y el jardín de los pazosgallegos”, en Jardín y Romanticismo (Añón Feliu, C. y Luengo, M. Coords.), Universidad Complutense, Madrid, 2003, pp. 147-180.
-“Un fortín para la salud. El lugar de Oza y sus arquitecturas”, en El Sanatorio Marítimo de Oza (F. Galdo, Coord.). Universidade de A Coruña-Sociedade Galegade Reumatoloxía, 2007.
-“Os espazos teatrais en Galiza”,  en Cento vinte e cinco anos de Teatro en Galego. No aniversario da estrea de A Fonte do Xuramento. Galicia 1882-2007 (M. FernándezVieites Coord.), Xunta de Galicia-Editorial Galaxia, Vigo, 2007, pp. 81-95.

Artigos en liña:

-“Tipo, función y sociedad. Evolución del espacio carcelario en Galicia”Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XLVI, Fascículo 111, 1999, pp. 245-286.
 -“La recepción de modelos franceses en la arquitectura ecléctica: Alejandro Rodríguez-Sesmero y su proyecto para el ayuntamiento de Pontevedra (1876)”Espacio, Tiempo y Forma, UNED-serie VII, Historia del Arte, t. 13, 2000,  pp. 361-400.
-“Comerciantes y arquitectura en la Coruña dieciochesca. El proceso constructivo de las Casas de Paredes”SEMATA. Ciencias Sociais e Humanidades, vol. 12, monográfico Comerciantes y Artesanos, coordinado por Carmen Fernández Casanova. Universidade de Santiago de Compostela, 2001, pp. 177-239.
-Vilardefrancos. Reconsideración de un gran pazo y su linaje”Quintana. Revista do Departamento de Historia da Arte, nº 1, 2002, pp. 153-177.
-“Construyendo un pazo barroco. D. Francisco das Seixas y Losada, el maestro Toribio de la Vega y la “Casa Grande de CabanasCátedra. Revista eumesa de estudios, nº 9, Pontedeume, 2002, pp. 231-276.
-“Bases ideológicas para la recuperación del pazo gallego en los años 30 (con X.R. Iglesias Veiga), en Arquitectura, ciudad e ideología antiurbana (J.M. Pozo, I. LópezTruebaEds.). Actas del Congreso Internacional Arquitectura, ciudad e ideologíaantiurbana, Pamplona, 14 y 15 de marzo de 2002, Universidad de Navarra, 2002, pp. 123-132.
-Una década trágica para el patrimonio gallego. De la desamortización a las Comisiones de Monumentos (1835-1844)”Quintana. Revista do Departamento de Historia da Arte, nº 3, 2004, pp. 123-151.
-“Asilos de la muerte. Higiene, sanidad y arquitectura en los cementerios gallegos del siglo XIX” (con F. J. Durán Villa y C.M. Fernández Fernández). Semata. CienciasSociais e Humanidades, vol. 17, 2005,  pp. 435-472.
-"Entre la persistencia de lo autóctono y la seducción por lo foráneo. Espacios residenciales en Galicia en los siglos XIX y XX (pazos, quintas, villas y chalets)”, comunicación en las Journées Internationales Espaces Interieures. La maison etl`art, Perpignan y Barcelona, 26 al 28 de enero de 2006. Actas Espais Interiors. Casa i Art/Espaces intérieurs, La maison e l’art (R. Creixell y T.M. Sala, eds.), Universitatde Barcelona, 2008.
-“Espacios para el refugio. La asistencia a la vejez y los asilos en Galicia” (con C.M. Fernández Fernández). Semata. Ciencias Sociais e Humanidades. Vejez y envejecimiento en Europa occidental, vol. 18, 2007, pp.167-203.
-“En el balcón, en el palco, en la galería. Estrategias de la mirada en la arquitectura del siglo XIX”.  Semata. Ciencias Sociais e Humanidades. En femenino. Voces, miradas, territorios, vol. 20, 2008, pp. 329-350.
-“Commerce and Harbour Development in the Urban Planning of the City of Corunnaduring the Eighteenth Century”International Journal of Maritime History, vol. XXII, nº 1, june 2010, 139-162.
-“Las Torres de Meirás. Un sueño de piedra para la quimera de Emilia Pardo Bazán,Goya, nº 332, julio-septiembre 2010, pp. 228-245.
-“Cuando vida, obra y arquitectura se entrecruzan. Sobre escritores-artistas y las casas museo como reflejo de una personalidad creativa” en III SIAM. Series de investigación Iberoamericana en Museología (M. Asensio, D. Moreira, E. Asenjo y E. Castro, eds.), año 3, vol. 7, Universidad Autónoma de Madrid, 2012, pp. 109-117.
-“Un château para el rey de España. Alternativas estilísticas en el proyecto de palacio para Alfonso XIII en la isla de Cortegada (1907-1914)”Goya, nº 3430, julio-septiembre 2012, pp. 236-253.
-“Miradas a los conjuntos históricos en Galicia. Antecedentes para la percepción del paisaje urbano como patrimonio”Quintana, nº 12, 2013.

Para coñecer máis bibliografía de Jesús Ángel Sánchez García:
-Portal Universidade de Santiago de Compostela
-Academia edu
-DIALNET

Moitas grazas a Jesús Ángel Sánchez García pola súa colaboración.

Sem comentários: