sexta-feira, 14 de fevereiro de 2014

Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800)



Vigo Trasancos, Alfredo (dir.): Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800). A Coruña, Fundación Barrié, 2011


Contido do libro:Vol. 1: Incorpora toda a planimetría en cor precedida dun prólogo realizado polo profesor e académico Antonio Bonet Correa: 1004 páx.

Vol. 2: Os planos, reproducidos en branco e negro e a menor tamaño, aparecen acompañados de todas as súas correspondentes lendas manuscritas e os seus datos básicos de referencia, todo precedido por unha serie de estudos introdutorios realizados polos compoñentes do equipo de investigación. Remata o volume cunha rica bibliografía: 492 páx.

Tarxeta USB que inclúe unha completa base de datos con toda a información do libro.

10 reproducións de planos a toda cor, tamaño A2.
Máis información sobre o libro incluido o sumario AQUÍ


Alfredo Vigo Trasancos é Catedrático de Historia da Arte e profesor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1979, é especialista en temas de Historia da Arquitectura e do Urbanismo. O  seu labor investigador centrouse no estudo do Barroco e a Ilustración, a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules e as cidades da Coruña e Ferrol. Pola súa contribución á valoración do patrimonio arquitectónico da Cidade Departamental foille concedida en 2011 a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol. Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ




A obra que aquí presentamos pon a disposición do gran público toda a planimetría que, en referencia á arquitectura e as cidades galegas, se conservou do século XVIII en diferentes arquivos nacionais e internacionais, chegando a compilar máis de 1600 planos e debuxos.


Tal cúmulo de planos pon de manifesto a grande importancia que tivo Galicia neste tempo que estivo dominado no estilístico polo Barroco e o Clasicismo. Tamén cumpriu o noso país un papel decisivo no militar por motivo da política defensiva que levou a cabo a Monarquía. Por conseguinte, que deba considerarse este período histórico como unha especie de momento de esplendor, próbao que fose entón cando se realizaron obras tan destacadas da nosa cultura artística como a fachada do Obradoiro da catedral compostelá, o grande Arsenal de Ferrol, obra crave do Estado borbónico ou, así mesmo, outras realizacións non menos importantes como o Concello de Santiago, o novo edificio da Universidade ou a fachada principal da catedral de Lugo que foi proxectada polo enxeñeiro-arquitecto Julián Sánchez Bort.


Ao mesmo tempo, o período reflicte non só unha bonanza económica que levou consigo unha gran febre construtiva, senón un momento de forte confrontación política e estética. As liberalidades do noso barroco viviron entón un momento de eclosión, pero tamén de acoso e marxinación en especial a partir da década de 1760. A Academia de Belas Artes de San Fernando, fundada en 1752 para garantir unha especie de ortodoxia estética, sumada ao crecente poder que vai emanar do Estado decidirán na desaparición do noso barroco. Á súa vez os mestres do país, formados nos medios e talleres locais, serán substituídos por especialistas e técnicos educados en escolas e academias que propoñían outra formación máis estrita e regulada. De aí que, nesta obra, a través de todos os seus debuxos e planos, haxa que ver algo máis que unha simple compilación; en realidade é unha especie de reflexo visual de toda esta situación xeral importante que se aprecia no papel que asumen as principais cidades, os grandes proxectos que se realizan, o enorme protagonismo que van ter as realizacións militares, os técnicos que as fixeron posibles e ata o propio papel que chegou a asumir o clasicismo académico que veu a ser unha especie de garante da boa orde estética que tratou de impoñer o "bo goberno" do chamado Despotismo Ilustrado así oposto a un desordenado e arbitrario Barroco.
 
Alfredo Vigo Trasancos

Bibliografía de Alfredo Vigo


LIBROS: 

-Arquitectura y urbanismo en el Ferrol del siglo XVIII. Santiago de Compostela: Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia, 1984, 305 pp.
-La arquitectura de la Ilustración. Clasicismo y Neoclasicismo (1700-1834).A Coruña: Vía Láctea, 1995, 185 pp.
-La fachada del Obradoiro de la Catedral de Santiago. Arquitectura, triunfo y apoteosis. Madrid, Santiago de Compostela: Electa-Consorcio de Santiago, 1996, 159 pp.
-La Catedral de Santiago y la Ilustración. Proyecto clásico y memoria histórica. Santiago de Compostela, Madrid : Consorcio de Santiago, Electa, 1999, 216 pp.
-A Coruña y el siglo de las luces. La construcción de una ciudad de comercio (1700-1808). Santiago de Compostela, A Coruña: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña, 2007.
-Ferrol y las defensas del puerto de guerra del rey. La Edad Moderna: 1500-1800 (en colaboración con Irene Mera Álvarez). Ferrol: Autoridad Portuaria, 2008.

 CAPÍTULOS DE LIBROS:

-“Santiago 1600-1770. La metamorfosis barroca de un santuario de peregrinación”, en Santiago de Compostela. La ciudad histórica como presente. Barcelona: Ediciones del Serbal, 1995, pp. 98-107. -“Transformación, utopía y redescubrimiento. La Catedral desde el Barroco a nuestros días”, en Santiago, la catedral y la memoria del Arte. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, 2000, pp. 185-242.
-“Galicia en las acuarelas de Pier María Baldi”, en El viaje a Compostela de Cosme III de Médicis, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2004, pp. 603-617 (en colaboración con Jorge Gómez Iparraguirre e Irene Mera Álvarez).
-“La imagen de la ciudad y la diversidad estilística: la arquitectura gallega en la época de Canalejas (1870-1912)”, en José Canalejas e a súa época, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2005, pp. 95-118. 
-“De cárcere-consistorio da cidade de Ferrol a sede institucional da Fundación Caixa Galicia. Presenza urbana e significación arquitectónica dun edificio senlleiro (1786-2005)”, en Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol: De fábrica ilustrada a referente socio-cultural, , Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia, 2006, pp. 103-120. 
-“Barroco e Neoclásico na arquitectura galega”, en Arte e cultura de Galicia e Norte de Portugal. Arquitectura, II, Vigo: Nova Galicia Edicións, 2006, pp. 8-56.
-“Ángel del Castillo (1886-1961). Una vida dedicada al estudio y la defensa del patrimonio artístico de Galicia”, en Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia de Ángel del Castillo, t. I, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008, pp. 11-146.
-“A Coruña y el Reino de Galicia. Imágenes urbanas de un centro de poder (1501-1800)”, en A Coruña 1208-2008. La construcción de una ciudad, A Coruña: Ayuntamiento, 2008, pp. 243-290.
-“Ferrol en la segunda mitad del siglo XIX. Arquitectura y ciudad”, en Ferrol, 150 anos de cidade, Ferrol: Concello, 2009, pp.125-142. 
-“Galicia no horizonte de 1909. Cidades e arquitecturas para unha época de esplendor burgués”, en Exposición Galega de 1909. Conmemoración do 1º Centenario. Exposición Regional Gallega. Santiago 1909, Santiago de Compostela: Consorcio de la ciudad de Santiago, 2010, pp. 31-78.

ARTIGOS DIXITAIS:

-"Domingo Lois Monteagudo y la Capilla de la Comunión de la Catedral Compostelana (1764-1783)". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, t. 55, 1989, pp. 450-466.
-"La concepción del edificio religioso en la Galicia Ilustrada", en : Experiencia y presencia neoclásicas. Congreso Nacional de Historia de la Arquitectura y del Arte, A Coruña, 1991, pp. 127-142.
-“El arzobispo compostelano Bartolomé Rajoy y Losada (1751-1772). Gusto artístico y mecenazgo arquitectónico”. Norba-Arte, XIII, Cáceres, 1993, pp. 115-140.
-“El arquitecto jiennense Ginés Martínez de Aranda y la iglesia de San Martín Pinario en Santiago de Compostela”. Norba-Arte, Cáceres, 1996, pp.103-129. 
-“El arquitecto Jacques Androuet Du Cerceau “El Viejo”, José de la Peña de Toro y la fachada del Obradoiro de la Catedral de Santiago”. Quintana, nº 1, 2002, pp. 13-322 (en colaboración con Eduardo Beiras García)
-“Muerte, luto y memoria fúnebre en el Ferrol del siglo de las luces: del cementerio parroquial de Canido a la fuente-cenotafio de Churruca”. Semata, nº 17, Santiago, 2005, pp. 387-410.
-“La embajada a España del primer Conde de Sandwich y una vista panorámica de la ciudad de Santiago en 1666”. Obradoiro de Historia Moderna, nº 14, Santiago, 2005, pp. 271-293,
-“Las siete maravillas del antiguo Reino de Galicia. Orgullo y reivindicación de una tierra marginada (1550-1754)”. Quintana, nº 4, Santiago, 2005, pp. 55-82
-La invención de la arquitectura jacobea (1670-1712)”. Quintana, nº 5, Santiago, 2006, pp. 51-84.
-“Tras las huellas de Hércules.La Estoria de Espanna, la Torre de Crunna y el Pórtico de la Gloria”. Quintana, 9, Santiago, 2010, pp. 217-233.
-"El sueño urbano colectivista de un joven arquitecto coruñés a propósito de la conferencia titulada "Un tema de urbanismo" de Santiago Rey Pedreira, impartida en A Coruña en 1928".  Quintana, nº 10, 2011 pp. 285-292.

Para coñecer máis bibliografía de Alfredo Vigo Trasancos:
-Portal Universidade de Santiago de Compostela
-DIALNET  


Moitas grazas a Alfredo Vigo Trasancos pola súa colaboración.

Sem comentários: