quinta-feira, 23 de janeiro de 2014

La civilización del viñedo en el primer Bilbao [1300-1650]

Rivera Medina, Ana María: La civilización del viñedo en el primer Bilbao [1300-1650]. A Coruña: Netbiblo-Uned, 2011

Con esta investigación pretendeuse abrir unha porta a novos temas e a novos estudos que vaian consolidando o campo do coñecemento da trasfega urbana dunha vila de neto corte industrial e comercial como Bilbao, porque o home sempre necesitou de alimento espiritual e físico, e no viño conxúganse ambos os dous.
O libro complétase cun CD-ROM con documentación de tablas, anexos, fontes e gráficos utlizados pola autora na investigación.
Pódese consultar o sumario do libro AQUÍ

Ana María Rivera Medina é profesora asociada de Historia Medieval no departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), actividade que realiza á vez que imparte as materias de Historia Medieval universal I do Grao de Historia, Historia Medieval do Grao de Arte. Licenciada en Xeografía e Historia (1981) pola Universidade Nacional de San Juan (Arxentina). É doutora en Historia Medieval (2010) pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, doutora en Historia de América (1987) pola Universidade de Sevilla.
A súa tese doutoral en Historia Medieval, titulada "De rerum vitis. A civilización do viñedo no Bilbao (1327-1650) " obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude por unanimidade e o "Premio Extraordinario de Doutorado 2010-2011. Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ.


Malia os considerables avances experimentados ao longo dos últimos decenios polos estudos de vitivinicultura en toda a Europa occidental, ata o momento era aínda relativamente escaso o que se sabía acerca do lugar que o cultivo da vide e a elaboración e comercialización do viño ocupou ao longo das Idades Media e Moderna nunha bisbarra, en principio, tan pouco propicia para o cultivo deste produto como é o ámbito da vila de Bilbao nun período de "longa duración": 1300-1650. 
A investigación iníciase cunha análise sobre "a cultura do viñedo" en Bilbao, considerando ao medio natural, a lexislación municipal, a trama, o aspecto, a protección, as tarefas vitícolas e vinícolas, e finalmente, o comercio. Unha paisaxe que comeza na terra e remata no mercado.


A vila bilbaína foi capaz de estruturar unha paisaxe do viñedo a pesar da súa localización e cun difícil clima - plúmbeos e ameazantes ceos bilbaínos (41% dos días) que prodigan días tras día chuvias débiles ou intensas (45% dos días), a pouca insolación dificultando a maduración dos froitos e a elevada porcentaxe de humidade -, con chans pobres (ácidos, con pouco espesor de capas, etc.) e accidentado relevo, cunha ría que cando crecía arrebataba todo o que encontraba ao seu paso.
Pero a produción propia, "viños da colleita" da vila do Nervión, nunca chegou a  autoabastecer o consumo local polo cal a pesar das medidas proteccionistas compróbase a importación, "vinos de fuera parte", continuada de caldos doutras bisbarras peninsulares e extra-peninsulares. Este tráfico, terrestre e marítimo, ademais de xerar unha profusa lexislación, propiciou a creación dun sector de servizos dedicado ao viño, facendo extensivo o viñedo da terra á mesa, proceso no cal intervirá un variado e amplo conxunto de actores sociais que abranguen os máis diversos oficios. Neste sentido, compróbase que en Bilbao se bebe viño branco e viño tinto, de Toro, Burdeos, Rioja, Madrid, Toledo, Xerez, Porto, Canarias e Andalucía. E de entre todos os viños o preferido, o máis sometido a fraude, o máis requirido e o de maiores taxas de importación, foi o Ribadavia, ciño do Ribeiro, viño galego, apreciado pola súa cor e pola súa frescura, sobre todo en verán, pero tamén en inverno.

A investigación que deu como resultado esta publicación conta coa consulta dun amplo corpus legal que se sostén en foros, “cartas pueblas”, reais cédulas, actas das Xuntas Xerais do Señorío de Biscaia, do concello de Bilbao e de concellos próximos, toda vez que Bilbao non era unha entidade illada, senón todo o contrario. O seu día a día mobilizábase xuridicamente entre as ordes reais, as que emanaban das Xuntas Xerais, e, sobre todo, as que xorden do propio funcionamento local: as ordenanzas e as actas municipais.

Ana María Rivera Medina 

Para ver a recensión completa e en castelán de Ana María Rivera Medina pica AQUÍ

Bibliografía da autora:

 LIBROS:
-Estudio Histórico del Puerto de Lekeitio. Gobierno Vasco, 2008, 240 pp.
-Negocios en familia. Vitivinicultura y patrimonio en los Vásquez del Carril. 1731-1815. San Juan, Argentina. Mar del plata, Editorial Fundación de la Universidad Nacional de San Juan y Editorial Universidad de Mar del Plata (EFU-EUDEM), 2007, 209 páginas.
-Entre la Cordillera y la Pampa: La Vitivinicultura en Cuyo (Argentina). Siglo XVIII.  San Juan, 2006, 441 páginas. Está auspiciado por el Instituto Nacional de Vitivinicultura de la República Argentina (INV), Editorial Fundación de la Universidad Nacional de San Juan (EFU) y UNED-BIZKAIA.
-Bermeo, un puerto, una historia. Gobierno Vasco, 1997. (Dos ediciones: castellano y euskera)
-Actas de las Jornadas “Los Vascos y América.  (coeditora) .Bilbao, Banco de Vizcaya, 1990. 

 CAPÍTULOS DE LIBROS:

 -"Copera sírveme una copa:el vino en el mundo musulmán, entre la norma y la realidad", en CELESTINO PÉREZ, S., BLANQUEZ PÉREZ, J.,(eds.), Patrimonio Cultural de la Vid y el Vino. Madrid, UAM-CSIC,2013, pp. 201-214
-"Un sistema fiscal en manos de terceros. Arrendamientos y Arrendatarios de la villa de Bilbao (Siglos XV-XVI)", en GARCÍA FERNÁNDEZ, E., VÍTORES CASADO, I.,(eds.), Arrendamientos, Arrendadores y Financieros en los Reinos Hispánicos: La Corona de Castilla y el Reino de Navarra (Siglos XIV-XVII). Madrid, Instituto de Estudios Fiscales, 2012, pp. 219-239.
-“E tobimos por bien echar sisa. Los impuestos al consumo como medio de financiación concejil. Bilbao, 1300-1550”, en ARÍZAGA BOLUMBURU, B., SOLÓRZANO TELECHEA, J.A. (eds.), La gobernanza de la ciudad europea en la Edad Media (2010).Logroño, IER, 2011, pp. 429-449.
-“La viña del Señor Santiago de Bilbao, 1300-1500”, DUHART, Frédéric, CORONA PAEZ, Sergio (Ed.), Vinos de América y Europa. París, Editions Du Manuscrit,   2010.
-“Acuerdos y desacuerdos: la pareja y la familia como garantes del  patrimonio vitivinícola. San Juan, entre el Reino de Chile y el Virreinato del Río de la Plata”, en SIEGRIST Nora, ZAPICO, Hilda: Familia, descendencia y patrimonio en España e Hispanoamérica. Mar del Plata, Universidad de Mar del Plata (Argentina), 2010.
-“Dotes y patrimonio vitivinícola en San Juan de la Frontera, Reino de Chile (S. XVII y XVIII)”, en SIEGRIST, Nora, MALLO, Silvia C. (coords.): Dote matrimonial femenina de la actual Argentina desde el sistema de encomiendas hasta el siglo XIX. Buenos Aires, Dunken, 2008.
-“Pescado, Tiempo y distancia. Las conservas en Bizkaia (S. XIV-XVIII)”, en Catálogo de la Exposición Las conservas de pescado en el País Vasco. Industria y Patrimonio. San Sebastián, Untzi Museoa, 1997. (Edición euskera-castellano). 



PRÓLOGOS:

 -Prólogo del libro La mujer y el vino. Emociones, vida privada, emancipación económica. (entre el Reino de Chile y el Virreinato del Río de la Plata 1561-1810). Mendoza, Caviar Bleu, Colección Vitivinicultura, 2008.
-Prólogo del libro La Corona demanda tributo. El léxico impositivo de la época colonial para la Región de Cuyo. San Juan, EFU, 2008.



ARTIGOS DIXITAIS:
-"El viñedo y el vino en Ribadavia: consideraciones jurídicas bajomedievales y de los primeros tiempos modernos". Hispania: Revista española de historia, vol. 73, nº 243, 2013, pp. 51-78.
-"El paisaje vitivinícola en las ordenanzas vizcaínas: Bilbao (SS. XIV-XVI)". Studium: Revista de humanidades, nº 14, 2008, pp. 181-199.
-"Vid, viñedos y vino en Sefarad: cultivo, elaboración y comercio de un vino diferenciador". Espacio, tiempo y forma. Serie III, Historia medieval, nº 20, 2007 pp. 199-233.
-"Producción local, abastecimiento urbano y regulación municipal: el marco legal del vino en Bilbao (SS. XIV-XVI)". Espacio, tiempo y forma. Serie III, Historia medieval, nº 19, 2006, pp. 233-264.
-"Las actividades femeninas en el universo de la vid y el vino. Bilbao 1400-1550". Medievalismo. Revista de la sociedad española de estudios medievales, nº 21, 2011, pp. 251-273.

OUTROS:
-Trujeron ribadavias á vila : o viño do Ribeiro en Bilbao (1399-1550). Cadernos de Ribadavia. Serie 1. Historia.[Ribadavia] : A. C. Fraicellus, 2011. 34 pp.

Para coñecer máis bibliografía de Ana María Rivera Medina:
-PORTAL UNED
-DIALNET
-ACADEMIA EDU

Moitas grazas a Ana María Rivera pola súa colaboración.

Sem comentários: