Rivera Medina, Ana María: La civilización del viñedo en el primer Bilbao [1300-1650]. A Coruña: Netbiblo-Uned, 2011
Ana María Rivera Medina é profesora asociada de Historia Medieval no departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), actividade que realiza á vez que imparte as materias de Historia Medieval universal I do Grao de Historia, Historia Medieval do Grao de Arte. Licenciada en Xeografía e Historia (1981) pola Universidade Nacional de San Juan (Arxentina). É doutora en Historia Medieval (2010) pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, doutora en Historia de América (1987) pola Universidade de Sevilla.
A súa tese doutoral en Historia Medieval, titulada "De rerum vitis. A civilización do viñedo no Bilbao (1327-1650) " obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude por unanimidade e o "Premio Extraordinario de Doutorado 2010-2011. Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ.
Malia os considerables avances experimentados ao longo dos últimos decenios polos estudos de vitivinicultura en toda a Europa occidental, ata o momento era aínda relativamente escaso o que se sabía acerca do lugar que o cultivo da vide e a elaboración e comercialización do viño ocupou ao longo das Idades Media e Moderna nunha bisbarra, en principio, tan pouco propicia para o cultivo deste produto como é o ámbito da vila de Bilbao nun período de "longa duración": 1300-1650.
A investigación iníciase cunha análise sobre "a cultura do viñedo" en Bilbao, considerando ao medio natural, a lexislación municipal, a trama, o aspecto, a protección, as tarefas vitícolas e vinícolas, e finalmente, o comercio. Unha paisaxe que comeza na terra e remata no mercado.
A investigación que deu como resultado esta publicación conta coa consulta dun amplo corpus legal que se sostén en foros, “cartas pueblas”, reais cédulas, actas das Xuntas Xerais do Señorío de Biscaia, do concello de Bilbao e de concellos próximos, toda vez que Bilbao non era unha entidade illada, senón todo o contrario. O seu día a día mobilizábase xuridicamente entre as ordes reais, as que emanaban das Xuntas Xerais, e, sobre todo, as que xorden do propio funcionamento local: as ordenanzas e as actas municipais.
Con
esta investigación pretendeuse abrir unha porta a novos temas e a novos estudos
que vaian consolidando o campo do coñecemento da trasfega urbana dunha vila de
neto corte industrial e comercial como Bilbao, porque o home sempre necesitou
de alimento espiritual e físico, e no viño conxúganse ambos os dous.
O libro complétase cun CD-ROM con documentación de tablas, anexos, fontes e gráficos utlizados pola autora na investigación.
Pódese consultar o sumario do libro AQUÍ
Ana María Rivera Medina é profesora asociada de Historia Medieval no departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), actividade que realiza á vez que imparte as materias de Historia Medieval universal I do Grao de Historia, Historia Medieval do Grao de Arte. Licenciada en Xeografía e Historia (1981) pola Universidade Nacional de San Juan (Arxentina). É doutora en Historia Medieval (2010) pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, doutora en Historia de América (1987) pola Universidade de Sevilla.
A súa tese doutoral en Historia Medieval, titulada "De rerum vitis. A civilización do viñedo no Bilbao (1327-1650) " obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude por unanimidade e o "Premio Extraordinario de Doutorado 2010-2011. Para saber máis sobre o seu curriculum AQUÍ.
Malia os considerables avances experimentados ao longo dos últimos decenios polos estudos de vitivinicultura en toda a Europa occidental, ata o momento era aínda relativamente escaso o que se sabía acerca do lugar que o cultivo da vide e a elaboración e comercialización do viño ocupou ao longo das Idades Media e Moderna nunha bisbarra, en principio, tan pouco propicia para o cultivo deste produto como é o ámbito da vila de Bilbao nun período de "longa duración": 1300-1650.
A investigación iníciase cunha análise sobre "a cultura do viñedo" en Bilbao, considerando ao medio natural, a lexislación municipal, a trama, o aspecto, a protección, as tarefas vitícolas e vinícolas, e finalmente, o comercio. Unha paisaxe que comeza na terra e remata no mercado.
A vila bilbaína foi capaz de estruturar unha paisaxe do
viñedo a pesar da súa localización e cun difícil clima - plúmbeos e ameazantes
ceos bilbaínos (41% dos días) que prodigan días tras día chuvias débiles ou
intensas (45% dos días), a pouca insolación dificultando a maduración dos
froitos e a elevada porcentaxe de humidade -, con chans pobres (ácidos, con
pouco espesor de capas, etc.) e accidentado relevo, cunha ría que cando crecía
arrebataba todo o que encontraba ao seu paso.
Pero a produción propia, "viños da colleita" da
vila do Nervión, nunca chegou a autoabastecer o consumo local polo cal a pesar
das medidas proteccionistas compróbase a importación, "vinos de fuera
parte", continuada de caldos doutras bisbarras peninsulares e
extra-peninsulares. Este tráfico, terrestre e marítimo, ademais de xerar unha
profusa lexislación, propiciou a creación dun sector de servizos dedicado ao
viño, facendo extensivo o viñedo da terra á mesa, proceso no cal intervirá un
variado e amplo conxunto de actores sociais que abranguen os máis diversos
oficios. Neste sentido, compróbase que en Bilbao se bebe viño branco e viño
tinto, de Toro, Burdeos, Rioja, Madrid, Toledo, Xerez, Porto, Canarias e
Andalucía. E de entre todos os viños o preferido, o máis sometido a fraude, o
máis requirido e o de maiores taxas de importación, foi o Ribadavia, ciño do Ribeiro, viño galego, apreciado pola súa cor e pola súa frescura, sobre todo en
verán, pero tamén en inverno.
A investigación que deu como resultado esta publicación conta coa consulta dun amplo corpus legal que se sostén en foros, “cartas pueblas”, reais cédulas, actas das Xuntas Xerais do Señorío de Biscaia, do concello de Bilbao e de concellos próximos, toda vez que Bilbao non era unha entidade illada, senón todo o contrario. O seu día a día mobilizábase xuridicamente entre as ordes reais, as que emanaban das Xuntas Xerais, e, sobre todo, as que xorden do propio funcionamento local: as ordenanzas e as actas municipais.
Ana María Rivera Medina
Para ver a recensión completa e en castelán de Ana María Rivera Medina pica AQUÍ

Bibliografía da autora: