terça-feira, 3 de dezembro de 2013

El retrato y la muerte

Cruz Lichet, Virginia de la : El retrato y la muerte: la tradición de la fotografía postmortem en España. Madrid: Temporae, cop. 2013

Este libro é un estudo sobre a práctica da fotografía post-mortem e de defuntos que antano foi algo moi habitual e que na actualidade permanece oculta, é o resultado dunha tese doutoral, defendida en España, e dos primeiros estudos científicos e académicos que se realizaron sobre este tema. Editado por Temporae coa axudado Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, contén un total de 185 ilustracións, das cales 175 son fotografías e 10 documentos orixinais da época.



Foto da autora: Virgina de la Cruz Lichet
Virginia de La Cruz Lichet é Doutora en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade, é profesora de Arte Contemporánea e Historia e Teoría da Fotografía (entre outras) na Universidade Francisco de Vitoria (Madrid). A súa tese doutoral centrouse no estudo da fotografía post-mortem. É experta na historia dos primeiros procedementos fotográficos e, na actualidade, as súas investigacións baséanse no estudo do uso da imaxe na Arte Contemporánea.

Dentro do seu labor investigador, realizou unha investigación no Image Department del Victoria & Albert Museum durante a súa bolsa FPI do Ministerio de Cultura e Fondo Social Europeo, entre outros moitos proxectos de investigación.





Que sentido ten fotografar o corpo sen vida dun ser querido?
 

Esta é a pregunta que nos facemos cando abrimos as páxinas desta publicación e contemplamos as fotografías post-­mortem que nos mostran. Máis alá da sorpresa inicial que poidan provocar en nós, temos que ter en conta que cada imaxe, cada rostro representado e cada corpo inerte, relátanos historias pasadas, e cheas de vida da España de case un século, dende as últimas décadas do S. XIX, ata ben entrada a segunda metade do S. XX.

"El retrato y la muerte" é o primeiro estudo documental basado na disertación da fotografía post­mortem en España a través do cal nos achegamos á sociedade da época, ao seu xeito de sentir, de vivir e porque non, tamén de morrer. A tristura, o intento de captar unha imaxe para a posteridade, o medo ao esquecemento e ata unha proba gráfica da morte por motivos económicos ou de herdanzas, entre outras cousas, desenvolveron o costume de fotografar defuntos, logrando elevar esta práctica a toda unha arte. Coñecidos fotógrafos do momento, pasaron de captar sinxelas imaxes a recrear os máis elaborados escenarios e complexos fondos que trasladaban ao retratado ao outro mundo.


A práctica da fotografía post-­mortem, antano moi habitual, foi, contrariamente ao que poderiamos pensar na actualidade, frecuente tanto entre segmentos de poboación con ou sen recursos. As familias menos favorecidas economicamente, podían chegar ata a empeñar a casa para pagar o funeral, incluída a foto, xa que era o único xeito de poder recordar, in extremis, aqueles que se foron. Normalmente era a única imaxe que se tiña da persoa ou persoas, no caso concreto de fotografías en grupo xunto ao defunto. Na actualidade, este tipo de material fotográfico permanece oculto en case o 75-80% da súa totalidade (cifra difícil de concretar con certeza polo veo de ocultismo que rodea a esta temática). A maioría dos fotógrafos proviñan de ambientes rurais ou cidades moi pequenas e eran practicamente autodidactas e con escasos medios e material técnico, quitando algún caso concreto como Pintos, Rapaza, Reboredo.


 Por azar ou por providencia, a emoción encapsulada destas imaxes chegou as nosas mans, sentémonos pois a escoitar en silencio que nos queren contar....

                                                                                 Virginia de la Cruz Lichet 



Moitas grazas a Virginia por facilitarnos toda a documentación para poder elaborar este artigo
                                                                                                                                   
Bibliografía da autora:

Libros:


-Retratosfotográficos post-mortem en Galicia. (Siglos XIX y XX). Tesis Doctoral. Ed. Universidad Complutense de Madrid (Recurso electrónico). Madrid, 2010 (ISBN:978-84-693-6329-4). 
-De lo Infinito”, en Luis Vioque. Océanos de arena. Ed. Luis Vioque. Madrid, 2010.

-Más allá de la propia muerte. En torno al retrato fotográfico fúnebre, Imágenes de la violencia en el arte contemporáneo, (ed. Valeriano Bozal), Ed. Antonio Machado Libros, La Balsa de la Medusa, 154. Madrid, 2005. (pp. 151-175).


Catálogos de exposicións:

 -Ucronía. El Rey se muere. Viva el rey. Catálogo de Exposición Emerge. Ed. Universidad Francisco de Vitoria. Madrid. 2012. P. 70.
-Yacimiento Prometéico. Texto para la exposición Tejiendo los restos del naufragio de Linarejos Moreno. De Santos Gallery. Houston. EEUU. 2012. 
-Procesos Re-Veladores. Texto para la exposición Luz Solar. Exit Art Gallery. Madrid. 2012 
-Peregrinación creativa. Catálogo de Exposición Calle Alcalá fotografiada. Ed. Asociación EntreFotos y Colectivo Luzdía. Madrid, 2011. s/p.
-Tres miradas. Catálogo de Exposición La Mancha - Tres Miradas. Ed.  Angélica Suela de la Llave, José Santos Mingot y Mª Antonia García de la Vega. Madrid, 2011. 
-Extrañas apariencias. Catálogo de Exposición Falsas Apariencias. Miradas fragmentadas sobre la infancia. Ed. Centro Torrente Ballester. Ferrol, 2011. Pp. 11-19 y 69-75 (en castellano, pp. 111-113).

Artigos dixitais:

-ImogenCunningham. Una mujer entre fotógrafos.... Mirada 21. Universidad Francisco de Vitoria. Publicado el 21 de noviembre 2012.
 -Labienal de Fotofest 2012. El alma rusa en la bienal y algo más. Espaciophake. Publicado el 26 de junio 2012. 
-Últimas palabras. Texto redactado para la exposición “Epilografías”. Real Sociedad Fotográfica de Madrid. Marzo 2011.       
-El estallido de Moby Dyck. Proyecto realizado para el Freies Museum de Berlín (15-29 de octubre 2010). Texto explicativo del proyecto y de la exposición.

-Matrices familiares, web oficial de la artista Linarejos Moreno. Publicado en 2009. 

-Miradas enfrentadas (Indagaciones sobre laidentidad a través del retrato fotográfico). Seminario. Universidad Complutense. Proyecto I+D. Publicado en 2004.

 Artigos e comunicacións:

-Reflexiones en torno a la muerte en la imagen, Boletín do Museo Provincial de Lugo, nº XV, 2013 (en prensa). 
-El retrato del poder versus el poder del retrato. La imagen póstuma como herramienta del poder. Actas del Congreso Nacional de Historia del Arte. Las Artes y la arquitectura del poder. XIX CEHA-2012. Universitat Jaume I. Castellón. 2013. Pp. 2176-2193. 
-Epílogo, Actas de las I Jornadas Explorando los Nuevos Territorios Visuales. Universidad Francisco de Vitoria. Madrid, 2012. Pp. 55-60. 
-Hacia una nueva Teoría de la Imagen, Actas del I Seminario Hacia una Nueva Teoría de la Imagen. Universidad Francisco de Vitoria. Madrid. 2012. Pp. 8-11. 
-Imago Mortis. Retratos de Anxeliños, Actas del Congreso Nacional de Historia del Arte. Mirando a Clio. XVII CEHA-2010. 20-24 septiembre de 2010. Universidad Santiago de Compostela. 2011. Pp. 1832-1844. 
-Cuaderno de Bitácora: la última travesía, Vislumbres, Vol. 3, 2010. Revista anual. Ed.  Embajada de España en India. Nueva Delhi, 2010. Pp. 90-93. 
-Lugares versus no-lugares. El paisaje en el retrato de estudio, en las Actas del Tercer Congreso de Historia de la Fotografía. Photomuseum. Zarautz. 2010. (en prensa).
-Escenografías reconstruidas, en Actas del Congreso Nacional de Historia del Arte. Art i Memoria. XVII CEHA-2008. (en prensa).
-Los Dos Gigantes. Chambi frente a Reboredo, Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 19, 2009. Pp. 90-97.
-Identitas. Mi imagen, reflejo del otro. (Imago ut, alterius repercussus)”. ADRA, Revista del Museo do Pobo Galego, nº 4, Santiago de Compostela, 2009. Pp. 21-36.  
-Archivos fotográficos privados versus públicos. Estado de la cuestión. La fotografía post-mortem en los archivos gallegos como caso de estudio., en Actas del simposio Archivos y fondos documentales para el arte contemporáneo. Museo Vostell Malpartida de Cáceres. Pp. 107-113.
-En qué se diferencian nuestros sueños, Mu. Revista mensual del Siglo XXI, Año VIII, nº 79. Pp. 16-17. 
-El retrato de estudio: artilugios, artefactos y simulacros. Fotografías de Maximino Reboredo, Croa. Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 18, 2009. Pp. 80-93. 
-Los Lugares de Eugene Smith, Robert Smithson y Roni Horn. Tres miradas norteamericanas en PHE08, Mas Arte, nº 49 (Mayo-Junio). Madrid. 2008. Pp. 80-81. 
-La tradición de la fotografía post-mortem. Galicia como caso de estudio, en las Actas del Tercer Congreso de Historia de la Fotografía. Photomuseum. Zarautz. 2008. Pp. 57-68. 
-Retratos identificativos, identidades retratadas. Cotaredo. Revista cultural e turística do Concello de Forcarei, nº XI, 2008. Pp. 69-84. 
-Viaje Póstumo, Cuartoscuro, nº 87, Diciembre-Enero, México. 2007. Pp. 16-22.  
-Memento Mori: Fotografías de los muertos, Recuerdos para los vivos. Galicia y el retrato fotográfico fúnebre, ADRA, Revista del Museo do Pobo Galego, nº 2, Santiago de Compostela, 2007. Pp. 59

Sem comentários: