segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico

Dentro dos fondos bibliográficos e documentais máis consultados na Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia,  está a prensa local antiga, para documentar a historia social e económica do Ribeiro sobre todo entre finais do século XIX até os anos 30 do século XX.
Destacamos dentros dos fondos da biblioteca do museo, pola súa continuidade e sobre todo pola cantidade de números que conservamos os seguintes títulos:


-El Avia semanario dominical que se publica por primeira vez en 1887 até 1888, según Marcos Valcárcel é “a publicación máis antiga das ourensás de fóra da capital”, baixo a dirección de Máximo Rodríguez Martínez, con puntos de suscrición en Leiro, Carballiño, Ourense e  Lisboa. Case está completo faltan só 14 números.



  -El obrero. Periódico independiente nace en 1891 até 1896, publicábase os días 1, 8, 15 e 23 de cada mes. Pouco coñecido pola bibliografía. Os números que se conservan están no legado da familia Meruéndano. Os anos máis incompletos son os primeiros: 1891 e 1892 

-El Avia Ilustrado aparece en 1897 e tamén foi dirixido por Máximo Tomé. Está completo en microfilm, facilitado polas Bibliotecas Municipais de Madrid.


-El Ribadaviense nace en 1895 até 1937 según aparece no titular “decano de los semanarios de España” publicouse durante 42 anos seguidos, esta información según Jesús Sánchez García, sen embargo o primeiro número que temos é o nº  14 de maio de 1900. Dirixido por Máximo Tomé até 1925 data da súa morte, desde entón fíxose cargo do semanario Hermenegildo Rodríguez Casas. Faltan todos os números dos anos 1906 a 1910 ambos incluidos, 1912, 1914, 1926, 1935 e 1936.


-Noticiero del Avia fundado en 1910  por Emilio Canda e chega polo menos até 1937 o último número que temos é o 1337 de marzo de 1937, a pesar que nas bibliorafías dan como data 1936. Os anos dos que temos menos números son 1910, 1915, 1918, 1919 e do 1921 ao 1929.


Lamentablemente estes semanarios non están completos, ainda que grazas á doazón da Familia Meruéndano, de Xesús Sánchez Orriols e do Concello de Ribadavia, que conservaron ao longo dos anos moitos dos números temos unha colección bastante completa. Desde aquí convidamos a todas as persoas que poidan ter algún número destes títulos ou de outro tipo de prensa que se publicara no Ribeiro que se pasen pola biblioteca do museo, pois o que se conserva nunha institución pública permite que todas as persoas poidan acceder a esa información. Solicitamos á Biblioteca de Galicia que nos incluirán dentro do proxecto Biblioteca dixital de Galicia, chamado Galiciana, para dixitalizar e facer máis accesible esta prensa local.


Outros: El Intransigente, El Vendaval, En Familia, Ris-Ras, Zaramallada. 



Para saber máis sobre a prensa local de Ribadavia:
-Cabo Villaverde, Miguel: Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux, 2003.
-Lira Pousa, Lolín: La prensa ribadaviense del siglo XIX. La Región 24/03/2016. [En liña]. Pódese consultar aquí.
-Lira Pousa, Lolín: La prensa ribadaviense en el siglo XX. La Región 14/04/2016. [En liña]. Pódese consultar aquí   
-Rodríguez Rodríguez, Luciana: Pretextos e textos. O ben cultural etno-histórico. Ficha nº 2, xuño 2003. Ribadavia: Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia. Pódese descargar aquí.
-Sánchez García, Jesús:”Prensa local”. En: Ribadavia en el recuerdo. Ourense: Deputación de Ourense, 1987, pp. 181-192.
-Santos Gayoso, Enrique: Historia de la prensa gallega, 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro, 1990.
-Santos Gayoso, Enrique : Historia de la prensa gallega, 1800-1993. Sada: Ediciós do Castro, 1995.
 -Valcárcel López, Marcos: A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial de Ourense, 1987.

Sem comentários: