segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Novidade editorial: O libro da vaca

A Xunta de Galicia publicou a finais de 2010 un gran traballo de investigación
etnolingüística do veterinario Pedro Benavente Jareño e o filólogo Xesús Ferro Ruibal . No que  percorren de maneira exhaustiva en máis de 1600 páxinas o universo dun animal doméstico básico na economía e cultura  galega así o di Castelao, na cita que os autores incluén o incio da obra: “A vaca esqueceuse dos cornos e dános o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis... o día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida”.

Como indica Ferro Ruibal : “O libro é o resultado de case que vinte anos de estudos de campo en 295 dos 315 concellos de Galicia. O subtítulo do traballo, Monografía etnolingüística do gando vacún, reflicte o contido das páxinas: 12.000 palabras, 2.700 refráns, 1.100 cantigas, 5.000 entradas fraseológicas e máis de 1.300 elementos da tradición oral, todo referido á vaca, animal totémico da cultura e da economía galegas”. Neste enlace pódese consultar o ÍNDICE DESTA OBRA e neste outro enlace o TEXTO COMPLETO

Este traballo xa se pode consultar en varias bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, incluida a Biblioteca do Museo Etnolóxico, pódese ver no catálogo da rede AQUÍ.

Sem comentários: