terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

Informe Biblioteca xaneiro-xuño 2010

Os recortes orzamentarios aplicados á Consellería de Cultura e Turismo no ano 2010 limitaron a adquisición de fondos bibliográficos sobre todo monografías, pois foi necesario manter as suscricións ás publicacións seriadas especializadas. Relación de Títulos de Revistas.

A biblioteca participou activamente no proxecto Museo Aberto, máis en concreto no obradoiro Museo no Cárcere: "A tatuaxe desde dentro: pasado e presente", no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Entre as consultas destacamos a do profesor da Facultade de Humanidades de Lugo (USC) Gonzalo Francisco Fernández Suárez, que permitiu dixitalizar tres documentos importantes do fondo documental de Rubén García Álvarez..

Neste semestre de xaneiro a xuño traballouse intensamente no programa e difusión da xornada de bibliotecas especializadas do 20 de outubro.

En xuño de 2010 abrimos un blog  co obxectivo de facer máis visible a Biblioteca do Museo Etnolóxico. Ribadavia.

Este informe referente aos fondos documentais e bibliográficos, xunto co do resto das áreas do Museo Etnolóxico: Fondo Audiovisual, Colección Moble, Restauración e Difusión, é publicado no boletín A Fundación editado semestralmente pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia. Noutra entrada falaremos das publicacións da Asociación de Amigos do Museo.
Pódese ver completo o Informe do Museo Etnolóxico.

Sem comentários: